Enténdese por vehículo automóbil todo artefacto ou aparello capaz de circular polas vías públicas que, dotado de medios de propulsión mecánica propios e independentes do exterior, circula sen carrís e está destinado tanto ao transporte de persoas como de cousas ou mercadorías coma ao arrastre doutros vehículos; inclúense tamén nesta categoría, as motocicletas, ciclomotores, remolques e vehículos articulados.
Unha vez definido vehículo automóbil, pódese concretar que talleres de reparación de vehículos automóbiles e os seus equipos e compoñentes son aqueles establecementos industriais nos que se efectúan operacións de restitución das condicións normais do estado e do funcionamento de vehículos automóbiles ou dos seus equipos e compoñentes nos que se teñan posto de manifesto alteracións con posterioridade ao termo da súa fabricación.
Os servizos que presta un taller de reparación pódense clasificar do seguinte xeito:
- Mantemento e reparación de vehículos a motor (reparacións mecánicas, eléctricas, de carrocerías e de accesorios, revisións ordinarias, lavado, pulido, regado e pintura, etc.).- Reparación, instalación e substitución de pneumáticos.- Instalación de repostos e accesorios.- Remolque e asistencia en estrada.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)

Copiar e pegar non é ningún traballo intelectual :(
ResponderEliminar